De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á Resolución do 21 de novembro de 2025, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se lle encarga á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), o servizo de tarefas de apoio técnico e administrativo na xestión de determinadas axudas da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, coas seguintes características:
– Obxecto: apoio técnico e administrativo para impulsar a tramitación de expedientes pendentes de liquidación e que se encontran finalizados ou en execución, relativos aos seguintes procedementos de axudas da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego:
• Plan de formación para o emprego para persoas traballadoras ocupadas: código de procedemento TR302A.
• Accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras ocupadas: código de procedemento TR301X.
• Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas en empresas: código de procedemento TR301P.
– Entidade encargada: a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., MP (Tragsatec) é una sociedade mercantil estatal integrada no Grupo Tragsa que ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o recollido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Natureza xurídica do encargo: de conformidade co artigo 10 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, poderase encargar a realización de tarefas a entidades de dereito privado que reúnan a condición de medio propio da Administración ou entidade pública encomendante mediante resolución unilateral do órgano que se determine, conforme o artigo 47 da citada lei.
– Duración: o prazo de execución dos traballos será de nove (9) meses.
– Obrigas económicas: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade seiscentos sesenta e dous mil trescentos oitenta e catro euros con setenta e seis céntimos (662.384,76 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.323A.227.99 (código de proxecto 2008 00536).
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
