DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5661

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2026 pola que se nomea persoal laboral fixo no posto de xefe/a de unidade (grupo I, categoría 4) existente no cadro de persoal a persoa que superou o proceso selectivo (29ª convocatoria) convocado pola Resolución do 11 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 21 xullo) no posto de xefe/a de Unidade Económico-Orzamentaria.

Unha vez rematado o proceso selectivo para a cobertura definitiva do posto de xefe/a da Unidade Económico-Orzamentaria, existente no cadro de persoal laboral, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), convocado mediante a Resolución do 11 de xullo de 2025 (DOG núm. 138, do 21 de xullo), pola quenda de acceso libre, para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar na categoría de xefe/a de Unidade (grupo I, categoría 9), esta Dirección, de acordo co previsto no V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar á primeira persoa da listaxe definitiva das aspirantes recollida na Resolución da Dirección do 8 de xaneiro de 2026, publicada no portal web do Intecmar, e que figura no anexo.

Segundo. Dar publicidade a este nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A persoa nomeada persoal laboral fixo disporá do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado e para a formalización do contrato laboral. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, poderase interpor recurso de alzada ante a presidenta do Intecmar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa, 12 de xaneiro de 2026

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Nº de prazas

Grupo

Categoría

Descrición da praza

NIF

Apelidos e nome

1

I

9

Xefe/a de Unidade

***5685**

Castro Vidal, Sagrario