DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5664

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades deportivas, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de novembro de 2025 (DOG do 24 de novembro e BOE do 4 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades deportivas, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– José Eugenio Rodríguez Fernández, profesor titular de universidade da USC.

Vogais:

– María Isabel Fraga González, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Fernando Hervella Gómez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– María Jesús Cantelar Barbazán, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– José Delfín Pérez González, funcionario de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Cristian Abelairas Gómez, profesor titular de universidade da USC.

Vogais:

– María Olga Pulleiro Rodríguez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC.

– José Ángel Díaz Pérez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Begoña Lueiro Villar, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela