A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia indica, no seu artigo 4.1, que a persoa que preside o Consello será elixida entre os seus membros, polo seu Pleno, por unha maioría de dous terzos.
O artigo 5 da dita orde sinala tamén que a persoa titular da Vicepresidencia do Consello de Bioética de Galicia será elixida entre os seus membros, polo seu Pleno, por unha maioría de dous terzos.
O Pleno do Consello de Bioética de Galicia, en sesión de data do 19 de novembro de 2025, acordou elixir como presidenta e vicepresidenta a Ana Concheiro Guisán e Luisa Fernanda Peleteiro Pensado, respectivamente.
Polo exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Facer públicos os seguintes nomeamentos do Pleno do Consello de Bioética de Galicia:
Ana Concheiro Guisán, presidenta.
Luisa Fernanda Peleteiro Pensado, vicepresidenta.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
