DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6030

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

2025

2026

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago para a substitución da cuberta da igrexa de San Pedro de Boa

3.9.2025

52.821,92 €

2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da capela da Virxe de Guadalupe

8.9.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Cultural Luarada para a organización da 30 edición do Ourense Film Festival, OUFF

22.9.2025

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para a promoción e dinamización do turismo deportivo no Barco de Valdeorras a través da organización da saída dunha etapa da Volta Ciclista a España

25.9.2025

36.300,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a consolidación de fonte da Casa da Inquisición

26.9.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario para a optimización e mellora integral das instalacións deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador para uso de turismo deportivo sostible

29.9.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Amigos da Cociña Galega para a promoción da cociña galega vinculada ao Camiño de Santiago a través dos Premios da Cociña Galega

9.10.2025

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para a celebración dun encontro con motivo do 35 aniversario da organización

10.10.2025

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) para a realización dun estudo de accesibilidade dos establecementos dos Camiños de Santiago

15.10.2025

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para o proxecto de prolongación da rúa do Telleiro ata o enlace coa rúa da Veiga, acondicionamento de camiños nos núcleos rurais de Calvos e A Mioteira e acondicionamento e pavimentación de aparcadoiro público no polígono industrial «David Ferrer»

15.10.2025

143.965,39 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Carballeda de Avia para a celebración das xornadas «Acordo rural: liderando a transición desde os municipios rurais»

16.10.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para o apoio á desestacionalización turística da Comarca do Salnés

17.10.2025

50.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Rúa para actuacións de mellora no albergue da Rúa

21.10.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vilarmaior para a rehabilitación e adecuación de fonte e lavadoiro de Vilaboa

21.10.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a promoción e dinamización do turismo en Mos a través da organización da chegada dunha etapa da Volta Ciclista a España

21.10.2025

47.353,35 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Distribuidoras de Hostalaría e Alimentación de Lugo para o apoio á celebración da V Feira Gastronómica L de Lugo

24.10.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) para a promoción do turismo rural e a comercialización dos aloxamentos rurais en Galicia no ano 2025

29.10.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para o proxecto de reforma e rehabilitación enerxética da piscina municipal da Guarda

29.10.2025

10.000,00 €

604.712,84 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Empresarial de Turismo e Hostelaría de Pontevedra para apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2025

30.10.2025

70.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Bande para equipamentos para reitoral de Santa Comba

31.10.2025

30.000,00 €

53.008,77 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) para a consolidación e expansión dixital de Bookalbergue, plataforma de reserva de albergues privados no Camiño de Santiago

6.11.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a construción de edificio de servizos na área recreativa de Mogoxe

19.11.2025

4.724,41 €

115.275,59 €

3ª addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da capela da Virxe de Guadalupe

28.11.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterroso para o proxecto de humanización de diversas rúas do concello

28.11.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Porqueira para a creación dunha zona de escalada na Forxa

28.11.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de actuacións de promoción turística na provincia da Coruña

28.11.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Leiro para a execución dun aparcadoiro e o acondicionamento da contorna máis próxima ao mosteiro de San Clodio

28.11.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Teo para o afirmado e acondicionamento das vías municipal en Recesende

28.11.2025

46.426,49 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras para a rehabilitación de edificación situada na Praza do Santo, concello da Rúa, para destinala a oficina de información aos peregrinos

1.12.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para o proxecto de ensanche e mellora da estrada de circunvalación de Rinlo e de acceso ás praias

1.12.2025

0,00 €

290.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño para o proxecto de melloras no parque infantil da zona turística do Parque Náutico de Galicia

3.12.2025

51.500,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a fase II do proxecto de remodelación da contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras

10.12.2025

204.200,00 €

190.809,99 €

Addenda ao convenio que foi subscrito o 13 de decembro de 2021 entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia da Comunidade Autónoma de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a execución do Plan de sustentabilidade turística na mariña lucense

10.12.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio que foi subscrito o 13 de decembro de 2021 entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia da Comunidade Autónoma de Galicia e a Deputación de Ourense, para a execución do Plan de sustentabilidade turística en Ourense termal

10.12.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Oza-Cesuras para a recuperación e posta en valor do sanatorio de Paraxón e implantación de albergue turístico

17.12.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a consolidación do sistema de monitorización e análise de datos de aloxamentos (SIMADA)

18.12.2025

52.030,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia-ASNAUGA para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia

18.12.2025

33.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ponte Caldelas para a execución da zona termal e parque pertencente ao proxecto «Parque termal de Ponte Caldelas» no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

18.12.2025

400.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Incio para actividades de promoción do turismo de Galicia a través do programa verán no Incio 2025

18.12.2025

30.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da Casa de Baños do edificio do Balneario de Arteixo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

30.12.2025

1.662.743,77 €

650.936,78 €