DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6075

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca e regula, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2026, a concesión de axudas ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de diversas actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (código de procedemento CO400B).

BDNS (Identif.): 882155.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882155

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Segundo. Obxecto

As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización, por parte das asociacións de consumidores inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia, dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía, comercio electrónico seguro, intelixencia artificial, vivenda e servizos financeiros, coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca e regula, mediante tramitación anticipada de gasto e en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2026, a concesión de axudas ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de diversas actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (código de procedemento CO400B).

Cuarto. Importe

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederalles axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 24.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 14.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes. Este prazo iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia