En sesión que tivo lugar o 23 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2021 (DOG núm. 155, do 13 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1),
ACORDOU:
Primeiro. En execución das sentenzas 548/2024 e 26/2025, ditadas pola Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de xullo de 2024 e do 22 de xaneiro de 2025, nos procedementos ordinarios núm. 431/2023 e 430/2023, respectivamente, este tribunal acordou modificar a Resolución do 31 de marzo de 2023 (DOG núm. 68, do 10 de abril) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso, con relación ás puntuacións das persoas aspirantes que a continuación se indican, que pasan a ter as seguintes puntuacións:
|
NIF |
Apelidos e nome |
II.2.2.1 |
II.2.2.2 |
Experiencia |
Formación |
Total |
|
***8641** |
Leal Caramazana, Darío Manuel |
8,40 |
0,80 |
9,20 |
0,20 |
9,40 |
|
***1373** |
Limeres Olmos, María Eugenia |
28,20 |
0,00 |
21,40 |
0,75 |
28,95 |
Segundo. Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo, estas dúas persoas aspirantes ven incrementada a súa puntuación total no proceso selectivo, o que comporta a súa inclusión na relación de persoas que superan o dito proceso. Deste xeito, o tribunal engade estas dúas persoas aspirantes na relación de persoas aprobadas, coas puntuacións que se publican no cadro anexo.
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na citada base.
Terceiro. Elevar esta nova relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal
ANEXO
|
NIF |
Apelidos e nome |
Acceso |
1º exercicio |
2º exercicio |
Concurso |
Total |
|
***1373** |
Limeres Olmos, María Eugenia |
Libre |
39,33 |
Exento/a |
28,95 |
68,28 |
|
***8641** |
Leal Caramazana, Darío Manuel |
Libre |
46,33 |
Exento/a |
9,4 |
55,73 |
