DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se corrixe o erro do Acordo do 18 de decembro de 2025 polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Ferroedo, sito nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo), promovido por Ferroedo Eólica, S.L.U. (expediente IN408A 2024/016).

Advertido un erro no enlace de descarga do arquivo denominado «estudo de impacto ambiental», ao cal se pode acceder a través do portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica publicado no Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2026, procédese á corrección do citado erro incorporando o arquivo correcto do referido estudo de impacto ambiental.

Lugo, 15 de xaneiro de 2026

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo