DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A36.13308 e once máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.13308 e once máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.13308

Manuel Fraga Barcala

0,01 l/s

Pozo

Doméstico

L: Prado
P: San Miguel de Castro
C: A Estrada

DH.A36.14458

Carmen López Sobral

0,055 l/s

Manancial

Rega

L: A Esperela
P: San Tomé de Piñeiro
C: Marín

DH.A36.10237

Amadeo Cota Roubín e Jesús Acevedo Doporto

0,02 l/s

Manancial

Doméstico

L: Penachán
P: Santa Mariña de Presqueiras
C: Forcarei

DH.A36.14311

Julia Cousido López

0,012 l/s

Manancial

Doméstico

L: O Castro
P: Briallos (San Cristovo)
C: Portas

DH.A36.14456

María Clara Matalobos Casanova

0,16 l/s

Dous mananciais

Doméstico e rega

L: Brañas do Medio
P: Santo André de Vea
C: A Estrada

DH.A36.13886

Amelia González Barreiro

0,01 l/s

Manancial

Doméstico

L: Outeiro de Sabaceda
P: Moaña (San Martiño)
C: Moaña

DH.A36.13274

Comunidade de Regantes Ribeira de Abaixo

1,74 l/s

Regato

Rega

L: A Ribeira
P: Ribeira (Santa Mariña)
C: A Estrada

DH.A36.14841

Eugenio Dobarco Salgado

0,01 l/s

Manancial

Doméstico

L: O Campo
P: Viascón (Santiago)
C: Cercedo-Cotobade

DH.A27.05224

Hermelina Pillo Montesinos

0,168 l/s

Manancial

Rega

L: Toxoso de Arriba
P: Ambosores (Santa María)
C: Ourol

DH.A36.10676

José Manuel Villar Barreiro

0,01 l/s

Manancial

Doméstico

L: A Penadauga
P: Escuadro (San Salvador)
C: Silleda

DH.A15.28061

José Vicente Penas Míguez

0,133 l/s

Dous regatos

Rega

L: Santa Clara-Ventín
P: Touro (San Xoán)
C: Touro

DH.A15.19130

José Pérez Lorenzo

1.356 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: O Valado
P: O Val de Xestoso (San Pedro)
C: Monfero