DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2026, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D, competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo da interesada sen que esta se puidese realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se dará por notificada.

Contra a resolución que se notifica neste acto poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2026

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Manuela Boo Tubío.

Titular: Manuela Boo Tubío.

Enderezo: avenida Barraña, 34, 4º B.

Concello: 15930 Boiro.