DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6187

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 21 de xaneiro de 2026 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións sindicais.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 89 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta formulada polas organizacións sindicais de maior representatividade en Galicia, segundo o disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Cesar como vogais titular e suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións sindicais de maior representatividade en Galicia, agradecéndolles os servizos prestados, ás seguintes persoas:

Xosé Lois Rivera Jácome.

Renato Núñez da Silva.

2. Nomear como vogais titular e suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións sindicais de maior representatividade en Galicia:

Titular: Amanda Rei Castro.

Suplente: Xosé Lois Rivera Jácome.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes