DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6295

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR356A e TR356C).

BDNS (Identif.): 882306.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882306

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para este tipo de axudas.

2. Neste sentido, será válida a cualificación provisional. Con todo, se no momento da xustificación e/ou o pagamento, a cualificación provisional quedase sen efecto e a entidade non obtivese a cualificación definitiva, procederá a revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total das cantidades percibidas e a exixencia do interese de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social, mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:

Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou en situación de exclusión social (código de procedemento TR356A).

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (código de procedemento TR356C).

Terceiro. Importe

O orzamento total das subvencións previstas nesta orde ascende a 1.500.000 €, que se financiarán con cargo ao código de proxecto 2015 00561, distribuído nas seguintes aplicacións orzamentarias:

Programa de axudas

Aplicación orzamentaria

Orzamento

Programa I (procedemento TR356A)

14.04.324C.470.5

1.355.000 €

Programa II (procedemento TR356C)

14.04.324C.470.5

105.000 €

14.04.324.481.5

40.000 €

Total

1.500.000 €

Cuarto. Bases reguladoras

Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR356A e TR356C).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas, ata o 30 de setembro de 2026, ás 20.00 horas.

Sexto. Procedemento de concesión e período subvencionable

O procedemento de concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2025, ata o 30 de setembro de 2026.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración