DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2026 polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/306/2018.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de febreiro de 2025, resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/306/2018.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución ás persoas interesadas con DNI 09009360F e 36144576F, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística