O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais no terceiro cuadrimestre do ano 2025
|
Convenio |
Importe (€) |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cambados para a xestión da programación da Rede galega de teatros e auditorios do segundo semestre do ano 2025. |
9.376,00 € |
8.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Gondomar para a xestión da programación da Rede galega de teatros e auditorios do segundo semestre do ano 2025. |
7.605,92 € |
15.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cangas para a xestión da programación da Rede galega de teatros e auditorios do segundo semestre do ano 2025. |
4.152,97 € |
22.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Ponteareas para a xestión da programación da Rede galega de teatros e auditorios do segundo semestre do ano 2025. |
6.217,50 € |
26.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) para o desenvolvemento do networking musical Conecta Galicia en 2025. |
10.000,00 € |
2.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo oitava edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2025. |
90.000,00 € |
8.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Lugo para a xestión da programación da Rede galega de teatros e auditorios do segundo semestre do ano 2025. |
20.908,60 € |
14.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Los Desertores Films, AIE para o desenvolvemento da campaña de promoción internacional da longametraxe Sirat como candidata española á 98ª edición dos Premios Óscar. |
50.000,00 € |
6.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a sucursal en España da Fundación Xapón e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da Filmoteca de Galicia, para a organización dunha retrospectiva do director xaponés Kiyoshi Kurosawa. |
Sen achega económica |
16.12.2025 |
