DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20250274TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 11 de agosto de 2025, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20250274TA-PO contra a persoa titular do NIE Z0611865R, e a súa resolución o 24 de novembro de 2025.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle notifica á persoa titular do NIE Z0611865R o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto, deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade; Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2026

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20250274TA-PO.

NIE da persoa denunciada: Z0611865R.

Último enderezo coñecido: Echegaray, 33, 2º I, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7: «Prohíbese fumar en u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).