DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente REQ-MON-OU-0048/2025-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo director territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 2 de xaneiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: REQ-MON-OU-0048/2025-FOR.

Persoa interesada: 76619258W.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento das repoboacións forestais.