A Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG número 98, do 23 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón/oa, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para realizar o segundo exercicio será de corenta (40) días hábiles, contados desde o remate do exercicio anterior.
O exercicio anterior realizouse o día 28 de novembro de 2025.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón/oa, en vinte (20) días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal
