DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.11761 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por se ter detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B36.11761 e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.11761

Olga Begoña Taboada Silva

1.12.2025

DH.B15.20556

Josefa Vázquez García

27.11.2025

DH.B15.21875

Pedro Otero Pereira

27.11.2025

DH.B15.20444

Manuel Mella Castro

27.11.2025

DH.B15.19883

Carmen Martínez Boquete

27.11.2025

DH.B36.11930

José González Darriba

1.12.2025

DH.B36.10178

José Pérez Rodríguez

1.12.2025

DH.B36.12652

Elías Montero Souto

1.12.2025

DH.B36.12392

Ana María Cores Martínez

1.12.2025

DH.B36.10886

Sabina Abeledo Meijome

27.11.2025