En cumprimento do disposto na Resolución do 12 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 22 de xaneiro de 2026, na sala D, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.
Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2026 comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «M».
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
