De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), e ao ser descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter finalizado o prazo concesional (expediente DH.A36.5791 e nove máis).
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Data do acordo |
|
DH.A36.5791 |
Gonzalo Rey Pereiras |
4.11.2025 |
|
DH.A36.3453 |
Comunidade de Regantes de Feitoxo e Presas |
4.11.2025 |
|
DH.A36.7448 |
Comunidade de Regantes de Novelle |
4.11.2025 |
|
E-79-C |
Ramón García García |
4.11.2025 |
|
DH.A36.6335 |
José Mª Mata Carro |
4.11.2025 |
|
DH.A15.11495 |
Comunidade de Usuarios Agro do Pozo de Gonte |
4.11.2025 |
|
DH.A27.04169 |
Comunidade de Usuarios Traída de Augas de Gallardo |
4.11.2025 |
|
DH.A27.04348 |
Comunidade de Usuarios A Faxina |
4.11.2025 |
|
DH.A36.13459 |
Elaborados Gallegos, S.A. |
4.11.2025 |
|
DH.A36.12589 |
Manuela Amigo García |
4.11.2025 |
