De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución correspondente ao recurso presentado, en materia de xestión da biomasa.
A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Dirección Xeral de Defensa do Monte, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026
Manuel Francisco Gutiérrez
Director xeral de Defensa do Monte
ANEXO
Expediente: INC-CO-0004/2025-IUL.
Persoa interesada: 33281332X.
Acto de notificación: resolución recurso de alzada.
