BDNS (Identif.): 882902.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882902
Primeiro. Beneficiarias
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2026, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, tramitada por anticipado de gasto (códigos de procedemento TR807A e TR807B).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase un millón noventa e nove mil oitocentos euros (1.099.800 €), de acordo coa seguinte distribución:
Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2026: 780.200 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2025 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais: 319.600 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2025 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o quinto día hábil posterior a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
