DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2026 Páx. 7726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas (expediente DH.A15.10299 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao seren descoñecidos os enderezos das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas, por ter expirado o prazo de concesión, ditados no expediente DH.A15.10299 e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado

Data do acordo

DH.A15.10299

José Tato Pazos, Marcial Parajo Gallego, Fernando Montes Campos, Juan Bautista Aller Suárez, Manuel M. Barreiro Sánchez, Hipólito Pedrouso, Ramón Castro Vázquez e Luis Buela Dios

11.12.2025

DH.A15.15234

Antonio Segade Cepeda

11.12.2025