DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 7876

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena da Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes:

A praga da couza guatemalteca da pataca, provocada polo organismo nocivo Tecia solanivora Povolny ou Scrobipalpopsis solanivora Povolny, foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia en agosto do ano 2015.

A través da Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 209, do 3 de novembro), declarouse a presenza da praga, establecéronse as zonas demarcadas e as medidas urxentes de obrigado cumprimento tanto para produtores profesionais e de autoconsumo deste tubérculo como para os puntos de venda de pataca de semente.

O día 14 de febreiro de 2017 publicouse a Resolución do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), que ampliou as medidas urxentes para a erradicación e o control da praga. Esta resolución estableceu para os operadores de pataca de semente, entre outras medidas, a prohibición de comercialización en zonas infestadas, e a obriga do rexistro das vendas en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O día 4 de marzo de 2017 publicouse o Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación da Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny (BOE núm. 54, do 4 de marzo).

O día 10 de marzo de 2017 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e o control con respecto ao organismo de corentena da Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación da Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny (DOG núm. 49, do 10 de marzo).

Nos últimos anos actualizáronse as zonas demarcadas de acordo aos datos de seguimento da praga, a través da publicación de varias resolucións. A última foi a Resolución do 24 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), que actualizou as zonas demarcadas vixentes nese momento e mantivo todas as medidas fitosanitarias establecidas previamente nas anteriores resolucións.

No día de hoxe, os datos de seguimento deste organismo nocivo mostran un avance significativo na súa contención previa a unha posible erradicación. En varias zonas demarcadas non se detectou a presenza deste organismo durante dous anos consecutivos, o que fai posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación. Noutras zonas é preciso manter as medidas fitosanitarias vixentes ata que pasen dous anos desde a última captura.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. Actualizar a zona demarcada da Tecia solanivora Povolny (couza guatemalteca da pataca) na Comunidade Autónoma de Galicia:

1.1. Mantéñense como zonas infestadas as seguintes parroquias:

Na provincia da Coruña:

– A parroquia de Abegondo (Santaia), no concello de Abegondo.

– As parroquias de Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), no concello de Carral.

– A parroquia de Maniños (San Salvador), no concello de Fene.

1.2. As seguintes parroquias pasan de zona infestada a zona tampón:

Na provincia da Coruña:

– As parroquias de Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María), no concello de Abegondo.

– A parroquia da Pedra (Santa María), no concello de Cariño.

– A parroquia de Barallobre (Santiago), no concello de Fene.

1.3. Mantéñense como zona tampón, por ser parroquias lindeiras coas zonas infestadas indicadas no punto 1.1) desta resolución:

Na provincia da Coruña:

– As parroquias de Cerneda (San Salvador), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago) e Montouto (Santa Cristina), no concello de Abegondo.

– A parroquia de Laraxe (San Mamede), no concello de Cabanas.

– A parroquia de Vigo (Santa María), no concello de Cambre.

– As parroquias de Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), no concello de Carral.

– A parroquia das Encrobas (San Román), no concello de Cerceda.

– A parroquia de Castelo (Santiago), no concello de Culleredo.

– A parroquia de Limodre (Santa Eulalia), no concello de Fene.

– As parroquias de Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no concello de Mugardos.

1.4. As seguintes parroquias pasan a ser consideradas zonas libres:

Na provincia da Coruña:

– As parroquias de Folgoso (Santa Dorotea) e Viós (San Salvador), no concello de Abegondo.

– As parroquias de Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no concello de Cariño.

– A parroquia de Beira (Santa Mariña), no concello de Carral.

– A parroquia de Régoa (Santa María), no concello de Cedeira.

– As parroquias de Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), no concello de Fene.

– A parroquia de San Xurxo de Moeche (San Xurxo), no concello de Moeche.

Na provincia de Lugo:

– A parroquia de Trabada (Santa María), no concello de Trabada.

No anexo I desta resolución pódese consultar o plano de situación da nova zona demarcada, e no anexo II a relación de parroquias da zona infestada e da zona tampón.

2. Medidas obrigatorias nas zonas demarcadas da Tecia solanivora en Galicia:

2.1. Os agricultores de todas as zonas tampón indicadas nesta resolución deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso, antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. Esta comunicación realizarase utilizando o modelo do anexo II da Orde do 6 de xullo de 2021, e poderá presentarse na oficina rural máis próxima ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) utilizando o procedemento MR465C.

En canto ao destino da pataca plantada na zona tampón serán de aplicación as medidas establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e na Resolución do 28 de decembro de 2022.

2.2. Manter toda as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e, en concreto, a expresa prohibición do cultivo de pataca nas zonas infestadas.

2.3. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 9 de febreiro de 2017 para os operadores de pataca de semente no referente á comercialización e ao rexistro de vendas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Plano de situación das zonas demarcadas da Tecia solanivora Povolny

missing image file

ANEXO II

Relación de zonas demarcadas da Tecia solanivora Povolny

Zona demarcada

Provincia

Concello

Parroquia

Zona infestada

A Coruña

Abegondo

Abegondo (Santaia)

Carral

Cañás (Santa Baia)

Paleo (Santo Estevo)

Fene

Maniños (San Salvador)

Zona tampón

A Coruña

Abegondo

Cabanas (San Xián)

Cerneda (San Salvador)

Figueroa (San Miguel)

Mabegondo (San Tirso)

Meangos (Santiago)

Montouto (Santa Cristina)

Sarandós (Santa María)

Cabanas

Laraxe (San Mamede)

Cambre

Vigo (Santa María)

Cariño

A Pedra (Santa María)

Carral

Quembre (San Pedro)

Sergude (San Xián)

Tabeaio (San Martiño)

Vigo (San Vicente)

Cerceda

As Encrobas (San Román)

Culleredo

Castelo (Santiago)

Fene

Barallobre (Santiago)

Limodre (Santa Eulalia)

Mugardos

Franza (Santiago)

Piñeiro (San Xoán)