DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 8074

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2026 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados por esta universidade polas resolucións do 30 de setembro de 2025 (BOE do 27 de outubro) e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para ser nomeados funcionarios para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Ley orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de xaneiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de profesorado da Universidade da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Nº de praza

María José Andrade Suárez

Profesora titular de universidade

Socioloxía

Socioloxía e Ciencias da Comunicación

25/024

Rafael García Pérez

Catedrático de universidade

Dereito mercantil

Dereito Privado

25/027

Juan José Pernas García

Catedrático de universidade

Dereito administrativo

Dereito Público

25/028

Luz María Puente Aba

Catedrático de universidade

Dereito penal

Dereito Público

25/029

Miguel Ángel Naya Villaverde

Catedrático de universidade

Enxeñaría mecánica

Enxeñaría Naval e Industrial

25/036

Margarita María Alonso Ramos

Catedrático de universidade

Lingüística xeral

Letras

25/038