DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 8106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente 74-F-322 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente 74-F-322 e once máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

74-F-322

Manuel Antelo Casal e Pilar Facal Velo

12.11.2025

3579-F-327

Pedro Facal Barca

12.11.2025

E-75-351-C

Narcisa Castro Cambón

12.11.2025

DH.T15.13279

Francisco Ardao Mouriño

12.11.2025

E-76-1165-C

Andrés Vilas Miguéns

12.11.2025

E-64-5427-C

Rafael Fernández Alonso

12.11.2025

DH.T15.26118

Francisco Manuel Prieto Piñeiro

12.11.2025

3349-F-202

Vicente Pedre Trasancos e outros

12.11.2025

2329-F-161

Francisco Otero Peón e outros

12.11.2025

1092-F-327

Manuel Pita Ledo e outros

12.11.2025

E-161B-C

José Cheda Ramos e Dolores Pegueiras Barro

12.11.2025

E-33-1488-C

Francisco Mosquera Porto e outros

12.11.2025