Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, 2º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución poderá ser impugnada pola persoa que teña un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, 2º andar) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PR204A 2025/2730-0 |
X5356126R |
