Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto denominado Parque eólico Airas, no concello de Alfoz, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026
Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables
ANEXO
Expediente: 121-EOL.
Entidade beneficiaria: Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.
Denominación do proxecto: Parque eólico Airas.
Concello: Alfoz.
|
Predio |
Titular proposto |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
|
6 |
Descoñecido |
Alfoz |
69 |
545 |
Couto Redondo |
|
15 |
Descoñecido |
Alfoz |
56 |
239 |
Campo de Vixín |
|
30 |
Descoñecido |
Alfoz |
56 |
145 |
Pedrouzo |
|
60 |
Descoñecido |
Alfoz |
47 |
332 |
Fraga Vella |
|
68 |
Descoñecido |
Alfoz |
47 |
119 |
Pico Grande |
|
100 |
Descoñecido |
Alfoz |
69 |
787a |
Pena do Boi |
|
104 |
Descoñecido |
Alfoz |
56 |
436 |
Fraga Vella |
|
105 |
Descoñecido |
Alfoz |
56 |
435 |
Fraga Vella |
|
123 |
Descoñecido |
Alfoz |
56 |
414 |
Fraga Vella |
|
135 |
Descoñecido |
Alfoz |
47 |
540 |
Fraga Vella |
