DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de selección de persoal laboral.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión do 23 de decembro de 2025, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura das prazas vacantes que se sinalan a continuación, incluídas nas ofertas de emprego público do ano 2022, aprobada pola Resolución da Alcaldía, de 22 de decembro de 2022, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 248, do 29 de decembro de 2022, e no Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro de 2022, e na oferta de emprego público do ano 2025, aprobada pola Resolución da Alcaldía, do 4 de decembro de 2025, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 235, do 9 de decembro de 2025, e no Diario Oficial de Galicia número 239, do 11 de decembro de 2025:

Oficial electricista:

– Sistema selectivo: concurso-oposición, por quenda libre.

– Nº de prazas: 1.

– Escala: Administración especial. Persoal de oficios.

- Nivel 18, equiparable ao C2.

– Denominación: oficial/a electricista.

– Título: graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Oficial albanel:

– Sistema selectivo: concurso-oposición, por quenda libre.

– Nº de prazas: 1.

– Escala: Administración especial. Persoal de oficios.

– Nivel 18, equiparable ao C2.

– Denominación: oficial/a albanel.

– Título: graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Conserxe de colexio público:

– Sistema selectivo: concurso-oposición, por quenda libre.

– Nº de prazas: 1.

– Escala: Administración especial.

– Nivel 14, equiparable ao grupo E (agrupacións profesionais).

– Denominación: conserxe de colexios públicos.

– Título: non se require que se teña ningunha titulación académica.

Deste modo establécese un prazo de vinte (20) días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contar desde a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases encóntranse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 3, do 7 de xaneiro de 2026.

A Illa de Arousa, 8 de xaneiro de 2026

Luis Arosa García
Alcalde presidente