DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2026 Páx. 9054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026 polo que se comunican ás persoas titulares dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia as condicións de arrendamento no marco da aldea modelo de Soutogrande (concello de Vilariño de Conso).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio as condicións de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº de expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20243201148

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

76775062G

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento

2025LT00085

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

34673294N

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento

2025LT00086

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

34524069B

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento

2025LT00088

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

34653872W

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento

20243201161

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia.

47018818X

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento