DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2026 de trámite de información pública do estudo de impacto ambiental da dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez (expediente PRG-2025-0073).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará ao dispor do público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web de Portos de Galicia:

https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica

O proxecto básico da dragaxe da canle de acceso ao porto de Pontevedra no río Lérez será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia