DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de correccións de erros de concesións de augas (expediente DH.B15.20742 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por haber detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B15.20742 e dez máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026.

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B15.20742

Antonio Fabeiro Mosquera

9.12.2025

DH.B36.12695

Rosa Bouzas Martínez

10.12.2025

DH.B36.12879

Provilla Tabo, S.L.

10.12.2025

DH.B36.12988

Begoña Baqueiro Sotelo

10.12.2025

DH.B36.12184

Damai Ragna Sadigh Balay Lange

9.12.2025

DH.B36.12086

María Luisa Baltar Rodríguez

9.12.2025

DH.B36.12269

Gumersindo Losada Álvarez

10.12.2025

DH.B36.12273

Andrés Lino López González

10.12.2025

DH.B36.12514

Ricardo González Lemos

10.12.2025

DH.B36.12966

Carlos Miguel Palacios González

10.12.2025

DH.B15.22297

Juan Martínez Estévez

9.12.2025