DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible ampliación da clasificación do monte denominado Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo, no concello de Viveiro (expediente 5/2025).

Ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 5/2025.

– Denominación: Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Santa María e Santiago.

– Concello: Viveiro.

– Superficie de ampliación: 47,08 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Estrema

Parcelas lindeiras

27025A050001170000JA

Noroeste

27025A050000010000JT

Nordeste

27025A050000310000JP

27025A050000920000JY (camiño)

27025A050000030000JM

Sur

27025A050090060000JE

27025A050001210000JB

Suroeste

27025A050090010000JR (camiño)

27067A013001950000XU

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 26.11.2025 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Así mesmo, ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 20 de xaneiro de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo (Viveiro)

Plano do monte preexistente e parcela de ampliación

missing image file