DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9787

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

EXTRACTO da Orde do 2 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519B).

BDNS (Identif): 884636.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884636

Primeiro. Beneficiarios

Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

Segundo. Obxecto

Mellora dos servizos e acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación, co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

Terceiro. Bases reguladoras

Orden de 21 de enero de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de las ayudas encaminadas a la habilitación y mejora de infraestructuras de los parques empresariales de la Comunidad Autónoma de Galicia, y se procede a su convocatoria para el año 2026 (código de procedimiento IN519B).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 3.448.437,80 euros.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 120.000 € para as solicitudes individuais e de 138.000 € para as solicitudes conxuntas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 2 de febreiro de 2026 no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria