DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9942

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de analista de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, e pola quenda de acceso libre.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto, anuncia a aprobación da convocatoria para a cobertura definitiva de dous postos de analistas de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, e pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de Concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

Código posto

Quenda xeral

Posto

Grupo

Categoría

Sistema acceso

Unidade de destino no Intecmar

410043

Acceso libre

Analista

III

17

Concurso-oposición

Metais Pesados

410055

Promoción interna

Analista

III

17

Concurso-oposición

Biotoxinas

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias/Default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilaxoán, 26 de xaneiro de 2026

María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia