A Concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante a Resolución do 4 de decembro de 2025 nomeou funcionario/a de carreira deste concello a:
– Ramón Gamallo Maquieira, con DNI ***2737**, para ocupar unha praza de inspector/a do corpo da Policía local, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos/as interesados/as ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, o/a interesado/a tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente conforme a dereito.
Pontevedra, 18 de decembro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
