DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2026 Páx. 9982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización e legalización de obras no concello de Mondoñedo (expediente DH.W27.101591).

En cumprimento do previsto nos artigos 53.3.a) e 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización/autorización de obras:

Solicitante: Bernardo Lorigados Montouto.

NIF: ***3576**.

Expediente: DH.W27.101591.

Lugar: Os Cucos.

Parroquia: Nosa Señora dos Remedios.

Concello: Mondoñedo.

Descrición das actuacións:

As actuacións solicitadas consisten na legalización dun muro de contención na ribeira do rego de Cesuras e na plantación con especies autóctonas na zona de servidume do rego, na parcela con referencia catastral 27030A017068720000WK.

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das aministracións públicas.

Lugo, 19 de decembro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña