A Axencia de Turismo de Galicia pon en marcha a convocatoria de patrocinios do Xacobeo 2027 co obxecto de dar a coñecer, de acordo cos principios establecidos no Plan director de patrocinios do Xacobeo 2027, os ámbitos preferentes de actuación, as liñas de programación e os aspectos que se terán en conta para a avaliación das propostas para a concertación dos patrocinios no contexto do Xacobeo 2027, de tal modo que lles permita a todos os operadores económicos presentar as súas iniciativas para que sexan tidas en conta pola Administración autonómica e permitirlle adoptar a esta, de ser o caso, logo da súa avaliación, unha decisión sobre os máis idóneos e o eventual inicio dos correspondentes expedientes contractuais de patrocinio dos eventos pola propia Axencia de Turismo de Galicia ou polas consellerías ou entidades competentes.
A entidade presentará a solicitude preferentemente por medios electrónicos a través do formulario xenérico PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia no caso dos eventos previstos para os anos 2026, 2027 e 2028.
Aquelas iniciativas que, pola súa natureza ou oportunidade, conten con patrocinios privados acreditados e sexan consideradas de especial interese estratéxico para Galicia, poderán ser presentadas en prazo aberto durante todo o período 2026-2028.
As bases poderanse consultar na ligazón: https://www.turismo.gal/espazo-institucional/patrocinios
Consultas: xacobeo2027@xunta.gal
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
