Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo
Tribunal titular:
Presidencia:
– Álvaro Baaliña Insua, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.
Secretaría:
– Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Manuel Romero Gómez, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.
– Claudia Barahona Fuentes, profesora titular do Departamento de Teoría e Historia da Arquitectura e Técnicas de Comunicación na Facultade Náutica de Barcelona (Universitat Politécnica de Catalunya).
– Amador Castro Pereira, persoal funcionario do corpo especial facultativo da Mariña Civil, grupo A1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Antonio Enrique Masdías Bonome, profesor titular da Área de Enxeñaría Eléctrica do Departamento de Enxeñaría Industrial da Universidade da Coruña.
Secretaría:
Guillermo José Rodicio Cimadevilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
Vogais:
– Ana María Bocanegra Valle, profesora titular da Área de Filoloxía Inglesa nas escolas de Enxeñarías Mariña, Náutica e Radioelectrónica da Universidade de Cádiz.
– Alba Flavia Nieto Suárez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
