En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométense de maneira conxunta a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a continuación, así como o estudo de impacto ambiental compartido por todas elas:
1º. Proxecto do parque eólico Margarita 18.
Solicitante: Savanna Power Solar 21, S.L.U.
Domicilio social: r/ Albert Einstein, edificio Insur Cartuja, s/n, planta 3, módulo 4, 41092 Sevilla.
Número de expediente: IN408A 2024/012.
Concello afectado: Oia (Pontevedra).
Potencia para instalar: 4,99 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.
Produción neta anual estimada: entre 14.482 (MWh/ano) e 17.656 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 6.122.489,40 €.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
512.062,00 |
4.655.168,00 |
|
2 |
512.565,00 |
4.655.486,00 |
|
3 |
512.622,00 |
4.655.804,00 |
|
4 |
512.691,00 |
4.655.804,00 |
|
5 |
512.675,00 |
4.655.486,00 |
|
6 |
513.382,00 |
4.655.224,00 |
|
7 |
513.496,00 |
4.655.027,00 |
|
8 |
512.225,00 |
4.654.839,00 |
Coordenadas do aeroxerador:
|
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Modelo |
Altura (m) |
|
AG03 |
512.365,00 |
4.655.072,00 |
N149/5X ou sim. |
105 |
Coordenadas da torre de medición permanente autosoportada:
|
Nome |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
PMM |
512.622,00 |
4.655.503,00 |
Coordenadas do centro de seccionamento (CS) Alto das Veigas 2:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
512.643,68 |
4.655.774,47 |
|
2 |
512.646,05 |
4.655.774,26 |
|
3 |
512.645,31 |
4.655.766,21 |
|
4 |
512.642,94 |
4.655.766,43 |
|
Centro xeométrico |
512.644,69 |
4.655.769,96 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Un (1) aeroxerador de 4,99 MW de potencia nominal unitaria, modelo N149/5X do fabricante Nordex ou similar, de 149,10 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 105 m.
– Un (1) centro de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 20 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable RH5Z1 12/20 (24) kV e unha sección 3 × 1 × 240 mm² de aluminio, que conecta a saída do centro de transformación do aeroxerador e conduce a enerxía xerada por este ata a cela de posición de liña do CS Alto das Veigas 2. Pola mesma gabia discorrerá un cable de terra e un condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Unha (1) torre de medición permanente autosoportada con mastro de aceiro ao carbono, de 118,40 metros de altura, equipada con ménsulas para a instalación de anemómetros e catavento a diferentes alturas.
– Centro de seccionamento (CS) Alto das Veigas 2, edificio dunha soa planta de formigón prefabricado de dimensións en planta 8,08 × 2,38 metros, cunha altura interior libre de 2,45 metros. Contará co espacio necesario para a disposición de equipos de manobra e protección en 20 kV e os seus equipos de control e comunicacións asociados, para a evacuación da enerxía xerada por este parque eólico e polo PE Cote 25 (expediente IN408A 2024/013). A aparellaxe deste centro constará de:
• Sistema de 20 kV con configuración de barra simple constituído por celas blindadas metálicas con illamento e corte en SF6:
– Unha (1) cela de liña (chegada de enerxía xerada no parque).
– Unha (1) cela de medida.
– Unha (1) cela de liña (saída a centro de protección e medida e subestación UFD Gondomar 20 kV).
– Unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares.
– Unha (1) posición de reserva para cela de liña (chegada de enerxía xerada no parque eólico Cote 25).
• Transformador de servizos auxiliares, de potencia nominal 50 kVA, relación de transformación 20 kV/0,400-0,230 kV.
• Sistemas de servizos auxiliares de 230-400 V de corrente alterna e servizos auxiliares de 125 V de corrente continua.
• Equipos de control e telecomunicacións para a conexión coas redes de fibra óptica dos aeroxeradores dos parques eólicos Margarita 18 e Cote 25.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe, gabias de cablaxe e o centro de seccionamento.
2º. Proxecto do parque eólico Cote 2.
Solicitante: Arena Power Solar 9, S.L.U.
Domicilio social: r/ Albert Einstein, edificio Insur Cartuja, s/n, planta 3, módulo 4, 41092 Sevilla.
Número de expediente: IN408A 2024/013.
Concello afectado: Oia (Pontevedra).
Potencia para instalar: 4,99 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.
Produción neta anual estimada: entre 14.482 (MWh/ano) e 17.656 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 5.921.863,75 €.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
511.724,00 |
4.655.302,00 |
|
2 |
512.274,00 |
4.655.302,00 |
|
3 |
512.565,00 |
4.655.486,00 |
|
4 |
512.622,00 |
4.655.804,00 |
|
5 |
512.691,00 |
4.655.804,00 |
|
6 |
512.675,00 |
4.655.486,00 |
|
7 |
513.382,00 |
4.655.224,00 |
|
8 |
513.496,00 |
4.655.027,00 |
|
9 |
511.724,00 |
4.654.877,00 |
Coordenadas do aeroxerador:
|
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Modelo |
Altura (m) |
|
AG01 |
511.929,00 |
4.655.098,00 |
N149/5X ou sim. |
105 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Un (1) aeroxerador de 4,99 MW de potencia nominal unitaria, modelo N149/5X do fabricante Nordex ou similar, de 149,10 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 105 m.
– Un (1) centro de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 20 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable RH5Z1 12/20 (24) kV e unha sección 3 × 1 × 240 mm² de aluminio, que conecta a saída do centro de transformación do aeroxerador e conduce a enerxía xerada por este ata a cela de posición de liña do CS Alto das Veigas 2 (obxecto do proxecto anterior). Pola mesma gabia discorrerá un cable de terra e un condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Unha (1) cela de liña situada no CS Alto das Veigas 2, de chegada da enerxía xerada no parque eólico Cote 25, de 20 kV illada en SF6 e conectada ao embarrado principal do CS a través dun interruptor automático seccionable e dun seccionador de tres posicións con posición de posta a terra.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe e gabias de cablaxe.
3º. Proxecto do parque eólico Nao 19.
Solicitante: Savanna Power Solar 22, S.L.U.
Domicilio social: r/ Albert Einstein, edificio Insur Cartuja, s/n, planta 3, módulo 5, 41092 Sevilla.
Número de expediente: IN408A 2024/011.
Concello afectado: Oia (Pontevedra).
Potencia para instalar: 4,99 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.
Produción neta anual estimada: entre 13.365 (MWh/ano) e 16.294 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 6.029.526,91 €.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
512.415,00 |
4.656.532,00 |
|
2 |
512.825,00 |
4.656.532,00 |
|
3 |
512.792,00 |
4.655.443,00 |
|
4 |
513.382,00 |
4.655.224,00 |
|
5 |
513.509,00 |
4.655.007,00 |
|
6 |
512.332,00 |
4.655.063,00 |
Coordenadas do aeroxerador:
|
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Modelo |
Altura (m) |
|
AG04 |
512.614,00 |
4.656.324,00 |
N149/5X ou sim. |
105 |
Coordenadas do centro de seccionamento (CS) Alto das Veigas 1:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
512.638,19 |
4.655.775,02 |
|
2 |
512.640,56 |
4.655.774,81 |
|
3 |
512.639,82 |
4.655.766,76 |
|
4 |
512.637,45 |
4.655.766,98 |
|
Centro xeométrico |
512.638,58 |
4.655.770,57 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Un (1) aeroxerador de 4,99 MW de potencia nominal unitaria, modelo N149/5X do fabricante Nordex ou similar, de 149,10 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 105 m.
– Un (1) centro de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 20 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable RH5Z1 12/20 (24) kV e unha sección 3 × 1 × 240 mm² de aluminio, que conecta a saída do centro de transformación do aeroxerador e conduce a enerxía xerada por este ata a cela de posición de liña do CS Alto das Veigas 1. Pola mesma gabia discorrerá un cable de terra e un condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Centro de seccionamento (CS) Alto das Veigas 1, edificio dunha soa planta de formigón prefabricado de dimensións en planta 8,08 × 2,38 metros, cunha altura interior libre de 2,45 metros. Contará co espazo necesario para a disposición de equipos de manobra e protección en 20 kV e os seus equipos de control e comunicacións asociados, para a evacuación da enerxía xerada por este parque eólico e polo PE Galera 25 (expediente IN408A 2024/014). A aparellaxe deste CS constará de:
• Sistema de 20 kV con configuración de barra simple constituído por celas blindadas metálicas con illamento e corte en SF6:
– Unha (1) cela de liña (chegada de enerxía xerada no parque).
– Unha (1) cela de medida.
– Unha (1) cela de liña (saída a centro de protección e medida e subestación UFD Gondomar 20 kV).
– Unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares.
– Unha (1) posición de reserva para cela de liña (chegada de enerxía xerada no parque eólico Galera 25).
• Transformador de servizos auxiliares, de potencia nominal 50 kVA, relación de transformación 20 kV/0,400-0,230 kV.
• Sistemas de servizos auxiliares de 230-400 V de corrente alterna e servizos auxiliares de 125 V de corrente continua.
• Equipos de control e telecomunicacións para a conexión coas redes de fibra óptica dos aeroxeradores dos parques eólicos Nao 19 e Galera 25.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe, gabias de cableado e o centro de seccionamento.
4º. Proxecto do parque eólico Galera 25.
Solicitante: Arena Power Solar 9, S.L.U.
Domicilio social: r/ Albert Einstein, Edificio Insur Cartuja, s/n, planta 3, módulo 5, 41092 Sevilla.
Número de expediente: IN408A 2024/014.
Concello afectado: Oia (Pontevedra).
Potencia para instalar: 4,99 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.
Produción neta anual estimada: entre 13.373 (MWh/ano) e 16.304 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 5.757.363,60 €.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
512.387,00 |
4.656.054,00 |
|
2 |
512.791,00 |
4.656.055,00 |
|
3 |
512.792,00 |
4.655.442,00 |
|
4 |
513.382,00 |
4.655.224,00 |
|
5 |
513.509,00 |
4.655.007,00 |
|
6 |
512.332,00 |
4.655.063,00 |
Coordenadas do aeroxerador:
|
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Modelo |
Altura (m) |
|
AG02 |
512.586,00 |
4.655.846,00 |
N149/5X ou sim. |
105 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Un (1) aeroxerador de 4,99 MW de potencia nominal unitaria, modelo N149/5X do fabricante Nordex ou similar, de 149,10 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 105 m.
– Un (1) centro de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior do aeroxerador, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 20 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable RH5Z1 12/20 (24) kV e unha sección 3 × 1 × 240 mm² de aluminio, que conecta a saída do centro de transformación do aeroxerador e conduce a enerxía xerada por este ata a cela de posición de liña do CS Alto das Veigas 1 (obxecto do proxecto anterior). Pola mesma gabia discorrerá un cable de terra e un condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Unha (1) cela de liña situada no CS Alto das Veigas 1, de chegada da enerxía xerada no parque eólico Galera 25, de 20 kV illada en SF6 e conectada ao embarrado principal do CS a través dun interruptor automático seccionable e dun seccionador de tres posicións con posición de posta a terra.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe e gabias de cablaxe.
5º. Proxecto da infraestrutura de evacuación LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar 20 kV, correspondente aos parques eólicos Cote 25, Margarita 18, Galera 25 e Nao 19.
Solicitante: Arena Power Solar 9, S.L.U.
Domicilio social: r/ Albert Einstein, edificio Insur Cartuja, s/n, planta 3, módulo 5, 41092 Sevilla.
Número de expediente: IN408A 2024/026.
Denominación do proxecto: LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar 20 kV.
Obxecto: evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Cote 25, Margarita 18, Galera 25 e Nao 19.
Concellos afectados: Oia, Baiona e Gondomar (Pontevedra).
Potencia para evacuar: 2 × 9,98 MW empregando dous (2) circuítos independentes.
Orzamento total (execución material): 3.196.172,18 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Características técnicas recollidas no proxecto:
Liña soterrada composta por dous circuítos independentes de 20 kV que conectará os centros de seccionamento (CS) Alto das Veigas 1 e 2 (obxecto doutros proxectos) cun centro de protección e medida (CPeM) sito nas inmediacións da subestación transformadora existente (SE) UFD Gondomar 20 kV, desde o que se enlazará cada circuíto co punto de conexión asignado a cada un deles na mencionada subestación:
– Circuíto 1:
• Orixe: cela de saída de liña do CS Alto das Veigas 1.
• Entroncamento intermedio: celas de protección no CPeM.
• Final: celas de entrada de liña na SE UFD Gondomar.
• Lonxitude: 10.708 m.
• Condutor de aluminio: RHZ1-RA-2OL(AS) 3x1x630/16 12/20 kV.
– Circuíto 2:
• Orixe: cela de saída de liña do CS Alto das Veigas 2.
• Entroncamento intermedio: celas de protección no CPeM.
• Final: celas de entrada de liña na SE UFD Gondomar.
• Lonxitude: 10.708 m.
• Condutor de aluminio: RHZ1-RA-2OL(AS) 3x1x630/16 12/20 kV.
– Centro de protección e medida (CPeM): constituído por un edificio prefabricado monobloque de formigón de instalación en superficie, de dimensións en planta 2,38 × 12,16 metros, cunha altura aproximada de beirado de 2,78 metros. A instalación interior contará co espacio necesario para dous conxuntos de equipamentos asociados a cada un dos circuítos, e conterá a seguinte aparellaxe:
• Dous (2) conxuntos de celas blindadas metálicas con illamento e corte en SF6 de 20 kV, con configuración de barra simple, destinado cada conxunto aos seguintes servizos:
– Unha (1) cela de interruptor xeral automático (chegada de xeración desde parques).
– Unha (1) cela de medida fiscal.
– Unha (1) cela de interruptor xeral automático (protección xeral da saída á subestación UFD Gondomar).
– Unha (1) cela de medida e protección (saída a subestación UFD Gondomar).
– Unha (1) cela de protección de transformador de servizos auxiliares.
• Dous (2) transformadores de servizos auxiliares, de potencia nominal 50 kVA, relación de transformación 20 kV/0,400-0,230 kV.
• Dous (2) sistemas de servizos auxiliares de 230-400 V de corrente alterna e servizos auxiliares de 125 V de corrente continua, alimentados respectivamente por cada un dos transformadores de servizos auxiliares.
Coordenadas do centro de protección e medida (CPeM) sito no concello de Gondomar:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
515.579,03 |
4.662.306,47 |
|
2 |
515.591,09 |
4.662.308,04 |
|
3 |
515.591,39 |
4.662.305,68 |
|
4 |
515.579,34 |
4.662.304,11 |
Os proxectos das referidas instalacións eléctricas están suxeitos á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Son obxecto desta información pública os proxectos dos parques eólicos Margarita 18, Cote 25, Nao 19, Galera 25, así como a infraestrutura de evacuación común para todos eles e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto para todas as instalacións mencionadas.
A documentación que se expón son os proxectos de execución seguintes:
– Proxecto de execución do parque eólico (PE) Margarita 18, asinado o 18.3.2024 (expediente IN408A 2024/012).
– Proxecto de execución do parque eólico (PE) Cote 25, asinado o 18.3.2024 (expediente IN408A 2024/013).
– Proxecto de execución do parque eólico (PE) Nao 19, asinado o 18.3.2024 (expediente IN408A 2024/011).
– Proxecto de execución do parque eólico (PE) Galera 25, asinado o 18.3.2024 (expediente IN408A 2024/014).
– Proxecto de execución LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar 20 kV, asinado o 10.4.2025 (expediente IN408A 2024/026).
Así mesmo, exponse a documentación ambiental conxunta dos expedientes mencionados:
– Estudo de impacto ambiental PE Cote 25, PE Margarita 18, PE Galera 25, PE Nao 19, LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar 20 kV (maio de 2024, versión 2.0).
– Addenda ao estudo de impacto ambiental PE Cote 25, PE Margarita 18, PE Galera 25, PE Nao 19, LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar 20 kV (abril de 2025, versión 1.0).
Consonte o establecido no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificado polo Decreto 192/2024, do 9 de decembro, e polo Decreto 106/2025, do 11 de novembro, o órgano competente para autorizar os proxectos dos parques eólicos Cote 25, Margarita 18, Galera 25 e Nao 19 é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático. No caso da súa infraestrutura común de evacuación, proxecto LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar, o órgano competente para autorizar é o Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra.
Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 52 12, 986 80 52 11 e 986 80 52 34), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, así como nos concellos de Oia (rúa Vista Alegre, s/n, 36794 Oia, Pontevedra), Baiona (rúa Lorenzo de la Carrera, 17, 36300 Baiona, Pontevedra) e Gondomar (praza Doctor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
O anterior faise público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 2026
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
