DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10505

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Manuel Cal Vázquez, con DNI ***0541**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín, con CIF G-36309839, por medio deste anuncio convoca a asemblea xeral ordinaria, o día 22 de febreiro de 2026, no local do centro sociocultural de Chaín, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día e aprobación, se procede:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Ratificación do nomeamento do secretario accidental da comunidade; aprobación se procede.

3. Estado de contas, aprobación, se procede.

4. Aprobación de orzamentos e obras 2026.

5. Altas e baixas de comuneiros.

6. Aprobación da solicitude de subvencións á Xunta, Augas de Galicia e Deputación Provincial, nomeamento de representante.

7. Rogos e preguntas.

Chaín-Ponte Caldelas, 13 de xaneiro de 2026

José Manuel Cal Vázquez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín