DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10507

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Esteticar Vigo, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

De acordo co disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Esteticar Vigo, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 29 de xaneiro de 2026, se acordou por unanimidade de votos iniciar o proceso de disolución e liquidación de Esteticar Vigo, S. Coop. Galega. Queda como liquidador Samuel Posada Fernández.

Bembrive, 29 de xaneiro de 2026

Samuel Posada Fernández
Administrador de Esteticar Vigo, S. Coop. Galega