A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.-2025/10 e REF.PER.-2025/11 para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900, San Cibrao das Viñas (Ourense).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
San Cibrao das Viñas, 15 de xaneiro de 2026
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne
