DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2026 Páx. 11000

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, do corpo auxiliar, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Acordo do 24 de xullo de 2024.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 29 de decembro de 2025 (BOPG núm. 312, do 13 de xaneiro de 2026), acordou a finalización e aprobación do proceso selectivo para ingresar pola quenda libre no corpo auxiliar do Parlamento de Galicia.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar do Parlamento de Galicia, grupo D, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo e con expresión dos postos de traballo que se lles adxudican.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas, ao servizo de Persoal e Réxime Interior e a Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO

Convocatoria:

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 24 de xullo de 2024.

Grupo:

D.

Quenda:

libre.

Corpo auxiliar do Parlamento de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Unidade de destino

Grupo

Nivel

1

***0206**

Corral Campello, Cristina

AP79

Uxier

SPRIi

D

13

2

***0621**

Martínez González, Silvia

AP81

Uxier

SPRI

D

13

3

***7290**

Ulfe Rodeiro, Lorena

AP85

Uxier

SPRI

D

13

4

***7074**

Masaguer Torres, Paula

AP88

Uxier

SPRI

D

13

i Servizo de Persoal e Réxime Interior