DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Cortegada (expediente IN407A 2024/92-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado I do proxecto de regulamentación LMTA FRI801 no tramo entre os apoios número 62-48 e 62-52, na Casa do Concello de Cortegada, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 21 de xaneiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2024/92-3.

Instalación: modificado I do proxecto de regulamentación LMTA FRI801 no tramo entre os apoios número 62-48 e 62-52.

Concello: Cortegada.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 24 de marzo de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Cortegada.

Hora: véxase a táboa.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Prado

32028A013001810000DM

Herdeiros de Preciosa Rodríguez Rodríguez

12.30

2

Muíños

32028A075003220000DM

Carmen Rodríguez Ventura

12.45