DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11419

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2026 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante as resolucións do 30 de setembro de 2025 (BOE do 27 de outubro), e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarios/as para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artígo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de xaneiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Nº praza

Javier Pereira Loureiro

Catedrático de universidade

Radioloxía e Medicina Física

Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

25/037

Miguel Brozos Vázquez

Catedrático de universidade

Matemática Aplicada

Matemática

25/039