Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións en Prado polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de decembro de 2025, ao abeiro do disposto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do seu regulamento de desenvolvemento, sométese o documento a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación de alegacións.
O documento estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Gondomar:
https://concellodegondomar.sedelectronica.gal/transparency/25843322-340f-44b1-ad6b-053cae4e2b40/
Durante o indicado prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, co fin de formular as alegacións que se consideren oportunas ou solicitar copias.
Gondomar, 2 de xaneiro de 2026
Paco Ferreira González
Alcalde
