DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2026 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D36.106455.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 76829599P a Resolución do 20 de novembro de 2025 ditada no procedemento sancionador en materia de verteduras DH.D36.106455.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para iso, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que se poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia