BDNS (Identif.): 880954.
Advertido un erro no referido extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 8858, no punto cuarto. Importe, onde di:
« – Comarcas de Ordes (agás municipio de As Pontes), Eume (agás municipio de Cerceda) e Ferrol, e municipios de Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón: 14.411.193 € con cargo ao ano 2026, 8.500.000 € con cargo ao ano 2027, 8.500.000 € con cargo ao ano 2028 e 8.588.807 € con cargo ao ano 2029. Total: 40.000.000 €».
Debe dicir:
« – Comarcas de Ordes (agás municipio de Cerceda), Eume (agás municipio das Pontes) e Ferrol, e municipios da Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón: 14.411.193 € con cargo ao ano 2026, 8.500.000 € con cargo ao ano 2027, 8.500.000 € con cargo ao ano 2028 e 8.588.807 € con cargo ao ano 2029. Total: 40.000.000 €».
