DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11635

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da asociación querENDO. Mulleres con Endometriose.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza da seguinte asociación: querENDO. Mulleres con Endometriose.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza